Sesión especial
Marie Losier 2
5 Jul
17:30
Teatro Principal TICKETS
Este foco celebra a prodixiosa capacidade de Marie Losier para pulular entre os talentos máis disruptivos do underground neoiorquino e europeo, transformando a admiración artística nunha íntima relación familiar. Lonxe da reportaxe haxiográfica, Losier accede ao sanctasanctórum de creadores seminais e referenciais para retratalos desde o cálido delirio da complicidade cotiá.

Bim Bam Boom Las Luchas Morenas

Bim Bam Boom Las Luchas Morenas

 )

2014
Marie Losier
0:13:00
DOC

Tres mulleres, tres irmás, tres loitadoras profesionais, membros da Dinastía Moreno: Rossy, Esther e Cynthia son competidoras aguerridas no ring. Mais tamén lle dan vida á loita libre, combatendo con coitelos, cabezas de porco, flores e plumas. Bim, Bam, Boom!

Felix in Wonderland

Felix in Wonderland

 )

2019
Marie Losier
0:47:00
DOC

Adéntrate no mundo da experimentación e da creación musical de Felix Kubin e no seu dominio do instrumento da súa predilección, o KORG MS20. Un retrato dun grande artista que nunca deixa de vivir coa música na cabeza.Coa forza creativa e a inesgotable inspiración de Felix, a película mergúllate no universo da Música pura: desde a música electrónica ata a radiofonía, o pop, a música concreta, a ópera e os experimentos co micrófono... Felix é o pequeno Nemo dun novo mundo sen sono feito de música e alegría pura!.

Alan Vega, Just a Million Dreams

Alan Vega, Just a Million Dreams

 )

2014
Marie Losier
0:16:00
DOC

Este retrato íntimo amosa a alma conmovedora e rebelde do innovador artista visual e pioneiro do rock electrónico minimalista Alan Vega, vocalista e compositor do dúo de punk/post-punk Suicide nos anos 70 e 80. Alan xoga coa cámara mentres ama, loita e vive coa súa familia —Liz Lamere, a súa muller e colaboradora, e o seu fillo pródigo Dante, una réplica máis nova de Alan—.Rastros de ledicia, excentricidade e inspiración, o rocanrol de Alan Vega segue moi vivo, divertido e rebelde!