Quen somos

Manifesto

Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine foi fundado no ano 2003 polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a creación cinematográfica e audiovisual.

22 edicións despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto con outros festivais da contorna e de Europa.

A contemporaneidade, o risco e a exploración formal son las guías do noso traballo. Nos últimos anos, o festival evolucionou para convertirse nun evento interdisciplinar que, mantendo o cinema como eixo, abrangue na súa programación outras disciplinas tales como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura.

Consideramos que este diálogo entre as artes que compoñen o cinema enriquecen a experiencia do espectador e permíteno, como programadores, romper certas convencións e constricións propias dos modelos tradicionais. Curtocircuíto é un festival comprometido co seu tempo, que apoia á creación, á formación e á integración da cidadanía e que aspira permanentemente a ser un punto de encontro lúdico e de reflexión.

A equipa

Dirección artística: Pela del Álamo 
Dirección de produción
: Jose Díaz
Coordinación de produción
: Martín Cañedo
Programación
: Pixi Arnoso, Pela del Álamo
Xefe técnico e control de copias
: Pixi Arnoso
Coordinación de convidados
: Marta Díaz 
Axudante de convidados
: Jesús Silva
Coordinación e xestión de contidos
: Alicia Alonso
Comunicación
: Sandra Carnota
Redes sociais
: Alicia Alonso
Xefa de produción
: Keka Losada
Axudante de produción Live AV e concertos
: Emilio Horyaans
Deseño e web
: Iñaki López
Fotografía
: Aigi Boga
Subtitulado
: Marián Sande
Traduccións
: Jorge Mills