Entradas

Abonos

Prezos individuais por sesión

Teatro Principal (e Numax):
- Proxeccións de Cinema: 4 €
- Live AV: 7 €
- Sesións Especiais: gratuítas previa recollida de entrada na billeteira.

Nas prazas:
- Proxeccións de Cinema: entrada libre e gratuíta. 
- Live AV: entrada libre e gratuíta.
- Sesións Especiais: entrada libre e gratuíta.

Venda de entradas

En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival a través da plataforma compostelacultura.gal 

Zona C - Punto de Información Cultural (Plaza de Cervantes): Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horarios: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62

Teatro Principal: Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal for o seu emprazamento. Horarios: durante a celebración do festival (do 1 ao 6 de xullo) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o inicio da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

Avisos importantes

No caso de mercar o abono en liña será preciso recollelo fisicamente na Zona C.

O troco do abono por entradas pódese facer tanto na Zona C como no Teatro Principal, nos horarios indicados anteriormente

As actividades formativas están fóra dos abonos.A clausura é de balde, ata completar aforo, previa retirada das entradas no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes) a partir de dous días antes do evento.

O abono non garante o acceso a todos os eventos. O acceso ós mesmos farase por orde na recollida das entradas nos despachos de billetes. Por favor, ten en conta que é posible quedar sen entrada a pesar de presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente.

As Sesións Especiais están fóra dos abonos.