Sesión especial
Gala Hernández | Realidades e ficcións dunha internet salvaxe
4 Jul
17:00
Teatro Principal TICKETS
Lawrence Lek e Gala Hernández López mergúllante en historias que imaxinan e cuestionan o impacto da tecnoloxía. A través da ficción especulativa, da simulación dixital ou do desktop documentary, ambos cineastas reflexionan sobre as transformacións tecnolóxicas, políticas e emocionais que definen o presente. Os dous creadores estarán con nós en Curtocircuíto acompañando o seu traballo.

La mecánica de los fluidos

La mécanique des fluides

 )

2022
Gala Hernández
00:39:00
DOC

En 2018, un incel (é dicir, un solteiro involuntario) publica unha nota de suicidio na plataforma Reddit co título «América é responsable da miña morte». A mecánica dos fluídos é un intento de atopar respostas ás súas palabras. Unha deriva virtual por Internet na procura das súas pegadas dixitais que acaba por se converter nunha viaxe interior entre dúas soidades conectadas.

for here am i sitting in a tin can far above the world

for here am i sitting in a tin can far above the world

 )

2024
Gala Hernández
0:19:06
EXP, DOC

Unha muller soña co criptógrafo estadounidense Hal Finney. Unha grave crise económica afecta o mercado das criptodivisas, decenas de miles de persoas están crioxenizadas á espera dun futuro mellor. Están suspendidos ou caendo ao baleiro? Que estraña relación temos co futuro?

+10k

+10k

 )

2025
Gala Hernández
0:32:00
DOC

Pol ten 21 anos e vive coa súa avoa. Soña con vivir en Miami e gañar +10k ao mes. Asiste a eventos de crecemento persoal, segue a coaches en liña e inviste en criptomoedas. Pol non sabe que día nin a que hora acadará por fin os seus obxectivos e se converterá na mellor versión de si mesmo. O úinco que sabe é que algún día o conseguirá.