Sesión especial
Curtocircuíto x Cineclube
3 Jul
22:00
Teatro Principal TICKETS
Nesta edición 2025 –e continuando a senda das experiencias audiovisuais de Vidal Bolaño– mergullámonos no período de tempo que abarca a segunda metade dos anos 80 e a primeira dos 90, que supuxo un terreo fértil e abonado para o audiovisual galego. A substitución do cinema doméstico polos primeiros formatos de vídeo como soporte amateur preferente e os inicios da televisión en Galicia abriron toda unha serie de vías nos eidos da ficción, o documental e o experimental que conforman un fito dentro da imaxe e o son do noso país.

Rebobinar, repicar, recuperar: unha panorámica polo vídeo e a televisión en Galicia nos anos 80

 )

Estrea en Galicia
estrea en España
Estrea Mundial

Cineclube de Compostela e Curtocircuíto continúan xuntos na procura, recuperación e posta en valor do patrominio audivisual galego. Desde hai case unha década, esta colaboración facilitou a visibilización de iniciativas e artistas como Euloxio Ruibal e o seu Equipo Lupa; Roberto Vidal Bolaño, Ezequiel Méndez, Equipo 64, etc.

Esta pequena escolma con pezas de Antón Caiero, Roberto Vidal Bolaño e Manolo Abad, tenta, a través de pezas inéditas e semi-descoñecidas, representar esta eclosión de creatividades e novos camiños no vídeo galego.