Nesta peza carente de rostros, as mans e o espazo énchenno todo. Noa, unha moza en conflito, lida coa perda da súa parella a través dos recordos e os espazos agora inhabitados.
Álex está bloqueado. Trata de entender o seu lugar no mundo, a súa masculinidade, o seu papel nos coidados, a orixe dos ruídos nos soños do seu avó. Lucía é cega de nacemento. Ela guía a Álex.
En plena pandemia de coronavirus, Ximena amence con moita fame. Outra mañá as súas accións repítense coma se dun mal chiste tratásese. Outro día da marmota transcorre, ata que un pequeno detalle cámbiao todo: levar unha tixola vella ao momento verde. Ao longo desta epopea surrealista, Ximena cruzarase cunha tartaruga, unha banda de música balcánica, un mimo disfrazado de gaivota, un clinero e ata un empresario arrogante cun ego tan grande como a súa falta de educación. Un desafortunado tropezo converte a rutina en carne para a freidora, nunha eclosión chea de sangue, humor negro e moita música.
La Maradona foi a líder dunha banda de delincuentes xuvenís en Vigo nos anos 80. A súa memoria colectiva cobra vida nos versos de Nuria Vil, nunha peza visual que recolle a historia obreira da cidade de Vigo e a literatura contemporánea.
Tras recorrer a un aborto ilegal, unha controladora de pragas debe atopar a forma de exterminar a sinistra presenza que crece dentro do seu ventre antes de que esta tome o control do seu corpo e acabe coa súa vida.