Xurado Cosmos

Misha Bies Golas

Lalín, 1977. Artista plástico formado no campo da fotografía e o deseño gráfico. A súa obra abarca ámbitos de diferentes disciplinas, centrando os seus últimos traballos na acumulación de materiais de desperdicio, libros e obxectos de diversa índole. Na actualidade é membro do colectivo NEG (nova escultura galega) xunto con Alejandra Pombo Su, Diego Vites e Jorge Varela.

Alba Galocha

Alba Galocha (Santiago de Compostela, 1990) é actriz e artista visual. Tras unha destacada traxectoria como modelo, debutou no cinema como El hombre de las mil caras e participou en proxectos como La zona ou The Spanish Princess. Paralelamente desenvolve unha obra artística centrada na cerámica e o bordado, reflexionando sobre o corpo, a identidade e a conexión íntima co material.

Marina García López

Lidera a produtora Sintagma Films desde 2018. Produciu a longametraxe 'Frágil equilibrio' (2016), de Guillermo Galoe e as curtametraxes 'Lo-Tech Reality' (2022) e 'Aínda que é de noite' (2023). Acaba de estrear na Semaine de Critíque do Festival de Cannes, a primeira longametraxe de ficción de Guillermo Galoe, 'Ciudad sen soño' que obtivo o Premio SACD á Autoría (guion e dirección).

Xurado Novo

Laura Mahía

Laura Mahía (Santiago de Compostela, 1995) é directora, ilustradora e animadora. Comezou a súa traxectoria no mundo da animación á fronte da serie infantil ‘Bechos’, emitida pola Televisión de Galicia. Posteriormente, liderou tamén a dirección e a arte de ‘Bibopalula’, unha serie musical en galego dirixida á infancia, producida por Undodez e emitida na TVG. Tamén traballou como ilustradora en campañas publicitarias para marcas e entidades como Gadis, Deleite ou a Deputación da Coruña, así como no deseño gráfico do festival Castelo Conta.

Diana García

Maracay, Venezuela, 2004. No 2021, emigra a España para levar a cabo os seus estudos de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Desde fai un añou, forma parte do equipo organizador do Club de Cinema Facom, unha iniciativa do alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación onde se realizan proxeccións semanais de filmes e coloquios. Además, o Club de Cinema organiza charlas, trae convidados pertinentes ao área audiovisual e colabora con outras iniciativas santiaguesas audiovisuais como Curtocircuíto.

André Parra

Estudante de realización na escola de imaxe e son da Coruña e cinéfilo empedernido. Leva toda a vida sentindo paixón por ver cine, cine que o levantou nos seus peores momentos e cine que o transformou coma persoa, co cal trata de expresarse tamén a través deste medio tan persoal, adicándose a crear curtametraxes aínda de carácter aficionado que espera cos seus estudos poidan tornar profesionais. A súa obsesión por este medio lévao a exploralo todo o posíbel, vendo e aprendendo todo canto poida, comprendendo a función do tempo dentro da narración visual con Tarkovski ou a máxima expresión do amor nostálxico a través da imaxe de Wong Kar Wai.

Vera Moreno

Vera Moreno (Pontevedra, 1997) é artista multidisciplinar, DJ e cofundadora de Tr3mor, unha das primeiras festas queer nadas en Compostela, referente pola súa proposta inclusiva e a súa curaduría musical e visual. Con formación en Belas Artes, a súa sensibilidade nútrese dunha educación atravesada polo cinema, a fotografía e a música. Ademais do seu percorrido como dj (Bold G), traballou como axudante de dirección en varios proxectos audiovisuais e recentemente co-dirixiu o seu primeiro videoclip oficial: “Como un can”, de Kid Mount. A súa mirada como xurado combina intuición artística e experiencia en distintas escenas culturais.

Alba González

Santiago de Compostela, 2004. A súa afección á fotografía e o cinema levouna a estudar comunicación audiovisual na USC, estando na actualidade no último curso do grao. Desde hai dous anos forma parte do equipo coordinador do Club de Cinema Facom, no que se proxectan películas semanalmente e organízanse outras actividades como charlas, coloquios e talleres que complementan as sesións.