Presentamos nova imaxe!

Noticias
6/10/2025

Por fin podémosvos desvelar o cartel desta edición de Curtocircuíto! Mergúllanos nunha paisaxe vibrante onde o verán latexa en cores líquidas. Os amarelos solares, vermellos intensos e violetas difusos evocan calor, fondo mariño e soños en combustión lenta. A textura analóxica e o uso do verde como pulso vital suxiren unha natureza mutante, entre o onírico e o real. O deseñador vasco Eenyakee volve a crear a imaxe de Curtocircuíto, nesta ocasión, evocando o verán pero, coma sempre, sen ilustrar, senon suxerindo, deixando un espazo para aque a mirada do espectador constrúa o seu propio relato.

Stay tuned