La creación gallega de Planeta GZ, Supernova y Terra

Noticias
6/10/2025

A creación galega en Planeta GZ

Planeta GZ é o territorio mutante dun cinema galego contemporáneo. Un cinema expandido, híbrido, onde a memoria, o corpo e o territorio conflúen dende linguaxes e pulsos diversos, sempre na procura de obras que expandan os límites da imaxe e o son. Un cosmos onde o corpo, a materia e a memoria conflúen nunha xeografía sensorial e política.

  • Un dragón de cien cabezas, de Helena Girón & Samuel Delgado. 2025.
  • Alboroque, de Sabrina Fernandez Casas. 2025. Estrea nacional. 
  • Nayán, de Carla Andrade. 2025.
  • Santa Clara. Nascimento em três fases, de Arturo Franco, Tono Mejuto. 2025. Estrea nacional.
  • Furada Negra, de Berio Molina. 2025.
  • Feeling Away, de Andrés Búa, Iker Ruiz, Tristán Ron. 2025.
  • Delincuente, de Alba Domínguez Serén e Nuria Vil.  2024.
  • Abellón, de Fon Cortizo. 2024. 
  • Boca de Asno, de Carlos Malvar. 2025.
  • Non Sinto A Forma, de Óscar Silva. 2025. 
  • The Unbearing, de Also Sisters. 2024.

Esta edición propón un percorrido íntimo e ao tempo expansivo, desde o eco mitolóxico e o susurro das plantas en Un dragón de cien cabezas ata a difusión do patrimonio natural de Alboroque, curta que terá a súa estrea nacional en Curtocircuíto. Tamén será a estrea en España de Santa Clara. Nascimento em três fases, título que habita os espazos do tempo e a arquitectura, mentres Nayán converte o ensaio documental nun catalizador da memoria.

Furada Negra e Abellón convidan a escoitar o que queda máis aló do audible e do visible, conectando coa memoria e o misterio do territorio e das relacións humanas.

A diversidade tamén se expresa na mirada comprometida e feminina de Delincuente e Feeling Away. Boca de Asno mergúllanos nunha surrealista epopea, mentres Non Sinto a Forma indaga na perda a través dos recordos. The Unbearing, pola súa banda, é unha distopía que propón unha visión perturbadora sobre os vínculos familiares e os mecanismos do coidado. 

Cinema emerxente en Supernova

Supernova é a explosión primeira: ese momento en que todo comeza e xa leva dentro o lume do que chegará a ser. A sección recolle o cinema emerxente máis inquieto, onde as formas se reinventan e os temas se abordan con valentía e frescura. Este ano, selecciona 10 títulos de diferentes estilos e formatos. Desde a exploración de lendas e santuarios en O corpiño ou os corpos e o xénero en Pupa ata as relacións en Áncora. Pezas como Aquel ruído nocturno, O costume do traballo e Home que foxe exploran conflitos humanos e sociais con olladas persoais e directas. Tamén hai humor camp e trash con Delirium Sketchs, viaxes insólitas con Senda Estrela, reflexións sobre a sexualidade co que non se agache e sobre os espazos colectivos en Cristal.  

  • O Corpiño, de Antía Rodeiro, Blanca Navarrete. 2025.
  • Áncora, de Cris Souto. 2025.
  • Delirium Sketchs, de Bea Saiáns. 2025.
  • Aquel ruido nocturno, de Mario Filloy. 2025.
  • O costume do traballo, de Luis Morla. 2025.
  • Senda Estrela, de Eva Vaeli, Manu Sacoga. 2025.
  • Home que foxe, de Pablo Dopazo. 2025.
  • Cristal, de Ana Sánchez, Mara Varela. 2025. 
  • El que no se agache, de Agustín Segura Prado. 2025. 
  • Pupa, de Antía Carreira. 2025.

Adrián Canoura, protagonista da sección Terra

Unha viaxe polo universo de Adrián Canoura, cineasta e artista que leva máis dunha década explorando as posibilidades do cinema como ferramenta máxica, política e sensorial; unha inmersión visceral nas raíces galegas e a vangarda visual. Adrían Canoura: Para que queres un barco se non sabes nadar é unha sesión que fará un percorrido que abarca desde os seus primeiros experimentos audiovisuais con Nistra ata as primeiras imaxes do seu esperado debut en longametraxe, Fomos Ficando Sós, e onde Canoura debuxa unha xeografía emocional e estética propia, feita de rituais, corpos, territorio e tempo. 

Stay tuned