Quen somos

Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine foi fundado no ano 2003 polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a creación cinematográfica e audiovisual.

Dezanove edicións despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto con outros festivais da súa contorna e de Europa. A contemporaneidade, o risco e a exploración formal son as guías do noso traballo. Nos últimos anos, o festival evolucionou para converterse nun evento interdisciplinar que, mantendo o cinema como eixo, abarca na súa programación outras disciplinas tales como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura. Consideramos que este diálogo entre as artes que compoñen o cinema enriquece a experiencia do espectador e nos permite, como programadores, romper certas convencións e constricións propias dos modelos tradicionais. Curtocircuíto é un festival comprometido co seu tempo, que apoia a creación, a formación e a integración da cidadanía e que aspira permanentemente a ser un punto de encontro lúdico e cultural.


  • Dirección artística: Pela del Álamo 
  • Coordinación xeral e dirección de produción: Juancho Gianzo
  • Programación: Pixi Arnoso, Acacia Ojea, Pela del Álamo
  • Responsable técnico de cine e control de copias: Pixi Arnoso
  • Departamento de convidados: Marta Díaz, Jesús Silva, Bea Villar
  • Coordinación de contidos e públicos: Alicia Alonso 
  • Comunicación: Lola Iglesias
  • Prensa: Eva F. Cortés
  • Redes sociais: Ana Diez
  • Xefe de produción: Pablo Comesaña
  • Equipo de produción: Keka Losada, Fanny Gornés, Ismael Romarís, Emilio Horyaans
  • Deseño e web: Iñaki López
  • Colaboración imaxe 2022Los Bravú
  • Fotografía: Aigi Boga 
  • Video: Javi Camino
  • Subtitulado: Marián Sande 
  • Traducións: Nice Try Translations
  • Estudantes en prácticas: Fernando Ucín, Carla Penas, Brais Míguez, Melissa Carreira, Gonzalo Rodríguez, Guillerme Scortgagna