#programación

Menú

Terra

Sección non competitiva adicada a cineastas de Galicia que teñan unha obra consistente e personal. 


Enar de Dios Rodríguez (1986, Ourense) é unha artista visual cunha obra interdisciplinar que inclúe o vídeo, a fotografía e a instalación. Na súa práctica artística o proceso de selección de material audiovisual e textual serve como punto de partida para a súa exploración poética e a súa aplicabilidade política. Os seus proxectos máis recentes centráronse na producción do espacio, prestando atención ás consecuencias socio-políticas e medioambientais. A súa obra mostrouse en lugares tan diversos como o Contemporary Jewish Museum (San Francisco), Project Space (Melbourne), a mochila dun amigo, Kunsthalle (Viena), o 45 Salón Nacional de Artistas (Bogotá), e tamén en festivais como DokuFest (Prizren) ou this human world (Viena). Recibiu numerosas bolsas e premios como a bolsa de produción Pixel Bytes + Film, o premio de arte contemporánea Murphy and Cadogan ou a bolsa DKV Seguros-Álvarez Margaride. Enar é co-fundadora do proxecto científico-artístico SEEC Photography e membro de The Golden Pixel Cooperative.

Ler máis Ver menos
NUMAX

Duración: 69m 59s

Vestiges (an archipelago)

Vestixios (un arquipélago)

Enar de Dios

  • 2020
  • 40:59
  • Austria
  • DOC, EXP
  • COR

Vestiges (an archipelago) é un videoensaio que investiga a nosa insaciable demanda de area, o recurso natural máis usado do mundo despois da auga. Trátase dun labirinto narrativo e poético onde se cruzan o colonialismo, as dragas e os proxectos de "recuperación do solo", e onde se conta como a area está enmarañada na máquina global que chamamos progreso.

A idade da pedra

A idade da pedra

Ana Vaz

  • 2013
  • 29:00
  • Brasil
  • DOC, EXP
  • COR

Unha viaxe ao extremo occidental do Brasil condúcenos ata unha estrutura monumental, petrificada no centro da sabana. Inspirado na épica construción da cidade de Brasilia, este filme utiliza a historia para imaxinala doutro xeito; seguindo o rastro xeolóxico que nos conduce a este monumento, o filme saca á luz un relato de exploración, profecía e mito.