#programación

Menú

Teenage Riot

Sección de 14 a 18 anos

Entrada de balde previa inscripción en educacion@curtocircuito.org | Historias e perspectivas que invitan aos mozos a ser eles mesmos e a loitar polos seus ideais nun mundo que premia a estandarización e o pensamento único.

 

Ler máis Ver menos
Auditorio ABANCA

Duración: 66m 07s

Aquesta nit

Esta noite

Pere Girbau

  • 2022
  • 13:19
  • España
  • FIC
  • COR

Para celebrar o día do seu 18 aniversario, Bilal sairá cos seus amigos por primeira vez á discoteca.

Estrea en Galicia

Too Rough

Demasiado áspero

Sean Lionadh

  • 2022
  • 16:00
  • Reino Unido
  • FIC
  • COR

Despois dunha noite de intoxicación, un Nick con resaca e histérico esperta xunto ao seu mozo Charlie e ten que ocultalo á súa propia familia homófoba e disfuncional.

Camino a Damasco

Camiño a Damasco

Enio Mejía

  • 2022
  • 10:36
  • España
  • FIC
  • COR

Candela e Pepa son xardineiras do cemiterio de La Almudena de Madrid. Están nun descanso, fumando e charlando. A conversa entre elas xira arredor da resaca que ten Pepa pola festa de anoite e porque atopouse con Santi, o seu ex mozo. Esa conversa e a visita de Raimundo á tumba da súa muller fan que Pepa viva unha revelación.

Lamento

Lamento

Rubén Sánchez

  • 2022
  • 12:12
  • España
  • FIC
  • COR

Anna está de festa nun lugar onde hai carreiras de coches. Alí ten varios encontróns con mozos que tentar aproveitarse dela e da súa vulnerabilidade. Todo remata por tensarse cando recibe a chamada da súa irmá pequena: marchou de vacacións coas súas amigas e deixárona abandonada nunha estación de tren.

Estrea en Galicia

Memoir of a Veering Storm

Memorias dunha tormenta impredicible

Sofia Georgovassili

  • 2022
  • 14:00
  • Grecia
  • FIC
  • COR

Memorias de una tormenta impredicible é unha historia sobre a maioría de idade que se desenvolve pouco antes dun ciclón mediterráneo. Anna foxe da escola esa mañá e, coa axuda do seu mozo, visitan un hospital, onde ten que enfrontarse a un evento que a deixará axitada ata a idade adulta.