#programación

Menú

Penínsulas

Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cine-ensaio ata ficción tradicional.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 76m 50s

Fuga

Fuga

Alex Sardà

  • 2021
  • 22:28
  • España
  • FIC
  • COR

Un caloroso día de primavera, Lluís ten unha forte discusión co seu pai na obra onde traballan xuntos como arquitectos. A partir deste enfrontamento, Lluís terá que abandonar todas as súas responsabilidades, levando ata o límite os seus medos máis profundos e sentíndose superado polo mundo que o rodea. En vez de ir buscar a súa filla Julia á casa da súa exparella, comeza un intenso periplo que o levará a decidir se toma ou non as rendas da súa vida.

Estrea en Galicia

Playa Chica

Playa Chica

Ignacio Vuelta

  • 2021
  • 21:00
  • España
  • FIC
  • COR

En Playa Chica reúnense as distintas xeracións da vila, en fronte África. Atún, discotecas, pescadores e surf. Xorde unha pregunta: o que vemos é real ou é parte do soño mediterráneo (xa caduco) de sensualidade e liberdade?

La fiesta del fin del mundo

A festa do fin do mundo

Paula González, Gloria Gutiérrez, Andrés Santacruz

  • 2021
  • 14:27
  • España
  • DOC
  • COR

Madrid, abril de 2020. COVID-19. Unha rapaza está na súa casa aburrida, un rapaz séntese só no seu cuarto. Non se coñecen, pero imaxínanse a través dun chat. Durante as súas conversacións, iniciarán unha viaxe no espazo e no tempo para fuxir do seu encerro.

Estrea en Galicia

La peli del algoritmo

A peli do algoritmo

Claudia Negro García

  • 2021
  • 11:18
  • España
  • EXP
  • COR

Durante a corentena en España pola COVID-19, as miñas clases de cine pasan a ser en formato online. A través da plataforma Zoom vexo a Fede todos os días na clase. Obsesiónome sobre a imposibilidade de mirarnos aos ollos e incluso sobre a incapacidade de sentirnos mirados. Crece a liberdade de mirada mediante cuartos interconectados?

Estrea en Galicia

Que se muera quien no nos quiera

Que se muera quien no nos quiera

Álvaro M. Dobaño

  • 2021
  • 07:37
  • España
  • FIC
  • COR

Pablo Caramelo —un instagrammer moinante— quere unhas zapatillas novas e non vai pagar por elas.