#programación

Menú

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos

Esta sesión contén secuencias de luces e imaxes estroboscópicas que poden afectar a espectadores fotosensibles.

 

Teatro Principal

Duración: 57m 52s

The Canyon

O canón

Zachary Epcar

  • 2021
  • 15:03
  • EEUU
  • EXP
  • COR

Un retrato da urbanización mentres esvara cara ao esquecemento.

Estrea en España

Frozen Jumper

Frozen Jumper

Tina Frank

  • 2020
  • 06:46
  • Austria
  • EXP
  • COR

O tema Frozen Jumper de Peter Rehberg comeza de súpeto, cunha textura de ruído pulsátil. Modelos que pestanexan, case rectangulares, únense no plano da imaxe, ao principio en branco e negro, lembrando os buracos das rodas dentadas das películas de celuloide e, por mor da falta de precisión xeométrica, dando a impresión de ter unha orixe predixital.

Dedicado a Peter Rehberg (1968-2021)

earthearthearth

earthearthearth

Daïchi Saïto

  • 2021
  • 30:03
  • Canadá
  • EXP
  • COR

Amañece onde a terra é carne
e os ósos resoan;
viviches a través das extincións.
Estrelas, ceos, areas e mares;
o futuro atrápanos por fin,
e todos os mortos están diante nosa.

Berlin Feuer

Fogo de Berlín

Pedro Maia

  • 2021
  • 06:00
  • Portugal, Alemaña
  • EXP
  • COR

Unha oda á decadencia do tempo e ao poder do lume. Un estudo sobre a desaparición e a desintegración. Seguindo coa mesma liña de traballo, esta nova película de Maia constrúese a partir da manipulación de material fílmico analóxico de 35 mm. Neste caso, con escaneamentos de alta resolución dunha antiga película de celuloide de nitrato procedente dun incendio descoñecido que data da década do ano 1940.

Estrea en España