#programación

Menú

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 64m 15s

Terra Australis Incognita

Terra Australis Incognita

Andrea Bordoli

  • 2021
  • 09:32
  • Suiza
  • EXP, DOC
  • COR, B&N

Terra Australis Incognita é un proxecto experimental sobre a Antártida. Baséase en imaxes aéreas de arquivo producidas pola Mariña dos Estados Unidos durante unha serie de misións diferentes ao longo da segunda metade do século XX. Mediante a xustaposición dos arquivos da US Navy coas imaxes atopadas e a modelaxe en 3D, o documental pretende reflexionar sobre este proxecto colonial territorial e comprometerse criticamente con el.

Imperial Irrigation

Rego imperial

Lukas Marxt

  • 2020
  • 20:00
  • Alemania, Austria
  • DOC
  • COR

45 millas de lonxitude, 20 millas de anchura e, no seu nivel máis profundo, 76 pés no centro do pozo, o lago Saltón era o lago interior máis grande de California. A Mariña dos Estados Unidos comezou a utilizar o lago Saltón no ano 1939 para realizar avaliacións do rendemento dos hidroavións e en 1944 comezaron a lanzar as primeiras bombas atómicas de proba sobre el.

Baki Tadu É

Baki Tadu É

Kate Saragaço-Gomes, Calum MacBeath Morgan

  • 2021
  • 12:57
  • India, Dinamarca, Portugal
  • EXP
  • COR

Tadu Baki vai detrás de si mesmo a través da selva e atópase nun vaso de auga.

Corps Samples

Mostras de corpo

Astrid de la Chapelle

  • 2021
  • 13:46
  • Francia
  • EXP, DOC
  • COR, B&N

No ano 1924 desentérrase un fósil de crinoideo mariño preto do cume do monte Everest ao mesmo tempo que desaparece un famoso montañeiro británico e morre un líder soviético. A simultaneidade é o punto de partida dunha narración sobre a transformación da materia. Nun vasto movemento, as substancias metamorfoséanse, as escalas e as temporalidades superpóñense e os corpos humanos aniñan nas profundidades dos grandes procesos terrestres.

Pseudosphynx

Pseudosphynx

Ana Vaz

  • 2020
  • 08:00
  • Brasil
  • DOC
  • COR

Pseudosphynx é o nome científico das eirugas de lume que axiña se converten en bolboretas, ou como se denominan comunmente (e con bos agoiros): bruxas. A Pseudosphynx é ao mesmo tempo sphynx (esfinxe), unha monstruosidade ctónica inhumana que formula adiviñas, e pseudo, que se refire ao artificial, falso, enganoso, irreal, ilusorio e mimético. Pseudophynx mantén oculto o seu significado, coma un segredo gardado por quen conservan nas súas retinas a impresión háptica da súa loita.

Estrea en Galicia