#programación

Menú

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 60m 00s

Best Year Ever

O mellor ano da miña vida

James Kienitz Wilkins

  • 2020
  • 14:00
  • EEUU
  • DOC
  • COR

Cun título que fai alusión ao momento actual, esta nova curta tipicamente excéntrica de Kienitz Wilkins adapta o clásico de literatura infantil estadounidense Best Busy Year Ever de Richard Scarry, filmando directamente das súas páxinas en 16 mm: animais antropomórficos que levan a boa vida americana, perfecta e perfectamente ideolóxica.

Estrea en Galicia

The Parents’ Room

O dormitorio dos pais

Diego Marcon

  • 2021
  • 11:00
  • Italia, Reino Unido
  • EXP
  • COR

Nun dormitorio, empoleirado no bordo dunha cama dobre sen facer, un home mira pola ventá a neve que cae. Un merlo póusase no lintel da ventá e entoa un canto que chega a formar unha melodía sobre a que o home se pon a cantar. O home conta os asasinatos que levou a cabo: os do seu fillo, a súa filla e mais o da súa muller mentres durmían; por último, describe o seu propio suicidio. Pouco a pouco, van aparecendo o seu fillo e mais a súa filla, e a súa muller tamén se revolve na cama, cantando unha liña pola súa conta. Unha vez rematado o relato, o merlo afástase e o home volve mirar pola ventá.

Surviving You, Always

Supervivente eterno

Morgan Quaintance

  • 2021
  • 18:00
  • Reino Unido
  • DOC
  • COR

A promesa transcendental das drogas psicodélicas enfróntase ás duras e específicas realidades da vida urbana. Ambas as dúas realidades opostas serven como pano de fondo dun encontro adolescente contado mediante imaxes fixas e narración escrita.

Este filme proxectarase sen subtítulos.

Misty Picture

Misty Picture

Christoph Girardet, Matthias Müller

  • 2021
  • 17:00
  • Alemaña
  • EXP
  • COR

Hai vinte anos as torres do World Trade Center de Nova York derrumbáronse. As imaxes televisivas dese suceso, que se repetiron sen cesar, estiveron precedidas por múltiples escenificacións do edificio: xa fose coma icona simbólica, coma fantasía de destrución especulativa ou coma pano de fondo espectacular. En Misty Picture estes motivos ficticios encadéanse: a sinfonía da cidade, a película de catástrofes e mais a terapia de traumas médicos convértense nun.