Ivankovà + Chior A/V + Severine Beata + Loopitas A/V
Sala Capitol |22:30 h apertura de portas ás 22:00 h
7€

Ivankovà + Chior A/V
Ivankovà é o proxecto en solitario de Irene de la Cueva, artista e compositora establecida en Madrid. Nos seus traballos investiga a idea do transo a partir da emocionalidade, cunha vocación terapéutica que recolle e reinterpreta o xénero new age. Utilizando o mantra e a repetición en composicións de longo desenvolvemento, Ivankovà convídanos a transitar por paisaxes sonoras que encarnan a súa visión particular do espectro gótico e a fantasía neomedieval, nas que longos drons de órgano analóxico, sintetizadores e etéreas composicións vocais son protagonistas.
Ivankovà autoeditou dous EP, en 2015 e 2019, e un split coa artista biscaíña Garazi Gorostiaga (Crystal Mine, 2021). O pasado 22 de abril saíu á luz Mogut’ Yun, o primeiro LP da artista, producido co apoio do Centro de Residencias Artísticas de Matadero Madrid. O álbum foi editado baixo o seu recente creado selo Eternal Recordings, unha aposta pola consolidación da escena ambient nacional.
https://ivankova.bandcamp.com/
Álvaro Chior
Álvaro Chior é un artista multidisciplinar nado na Coruña. O seu traballo, que combina disciplinas como a escultura, o son e mais a linguaxe fílmica, exhibiuse en institucións como o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (Madrid), CC Can Felipa (Barcelona), Sala Amadís Injuve (Madrid), Matadero (Madrid), DA2 Domus Artium 2002 (Salamanca), Las Cigarreras (Alicante), Etopia: Center of Art and Technology (Zaragoza), así como noutros países como EEUU, México, Italia e Escocia.

Severine Beata + Loopitas A/V
É unha proposta audiovisual xerada en directo pola multiinstrumentista Severine Beata e mais a artista visual Beatriz Sánchez. Trátase dun espectáculo onde se tecerá conxuntamente unha improvisación de son e imaxes proxectadas; todo baixo un nexo ambiental de irrealidade retrofuturista, reminiscencias dadá e execución experimental.
Severine Beata
Malagueña licenciada en Musicoloxía na especialidade de Análise de Xénero pola Universidade de Granada. Multiinstrumentista: frauta travesa, saxofón, sintetizador, caixas de ritmos, voz...
Publica baixo o nome de Severine Beata e o seu último álbum El ojo brillante (2018) obtivo numerosas críticas en diferentes medios e foi programada en distintos festivais e mostras como o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, Bilbao Arte, MEM Bilbao, Fem Tek e Centro José Guerrero.
Como profesora de Música en educación secundaria, desenvolveu o seu labor en centros de compensatoria educativa da provincia de Cádiz con proxectos de experimentación sonora e radiofónica con adolescentes. Na actualidade vive en Andalucía e combina o seu labor docente con concertos e investigación sonora.
Beatriz Sánchez
É debuxante, performeira, creadora audiovisual, humorística e ciberguerrilleira. Os seus traballos recibiron varias mencións a través de BilbaoArte, Iniciarte, Caostica, NU2 's, Fundación Rafael Botí, VAD (Festival Internacional de Vídeo e Artes Dixitais) ou Daniel Vázquez Díaz, entre outras entidades, e presentáronse en numerosos festivais, canles, colectivas e feiras como Arco, Estampa, Cosmopoética, Sâlmon, DVDanza Habana, Metrópolis RTVE, TV3 Televisió de Catalunya, CaixaForum Barcelona, IDN, La Casa Encendida, Centro José Guerrero ou Injuve.
Actualmente vive en Bilbao e combina a produción do seu traballo artístico xunto coa realización de videoclips para bandas populares do ámbito nacional e internacional. Tamén se dedica á pedagoxía creativa e imparte regularmente obradoiros de videocreación en centros culturais en España, Europa e América.
http://beatrizsanchez.net/severine-beata/
https://www.youtube.com/watch?v=p1SRZbMIrMY&ab_channel=BeatrizS%C3%A1nchez