
Vera Fauna
Se hai uns representantes do vitalismo do “son Sevilla”, da sensibilidade adrestrada ás beiras do Guadalquivir, entre labirínticas rúas estreitas e barrios con personalidades inconfundibles, eses son Vera Fauna. Situados ao redor da Macarena, estes catro expertos das texturas e dos sentimentos complexos acostuman a tecer amodiño redes coas súas cancións para atrapar a audiencia no seu universo persoal.
En 2020 lanzaron o seu primeiro disco, Dudas y flores, que tivo unha excelente acollida e creou unha linguaxe compartida co seu público, que non deixou de darlle voltas desde que saíu. O longo, cociñado aos poucos, inclúe un dos himnos da corentena, Los Naranjos, onde se relata a angustia por non poder saír da casa debido á ansiedade. Tamén hai tempo para revisar hits do pasado con ollos milenial, como acontece con Colorada, e para cuestionar o sistema produtivo con ollos soñadores, como en Cobre. Vera Fauna bebe de raíces sevillanas, de reminiscencias da baía de Cádiz e dos ritmos importados da tropicalia brasileira. Coma un Rafael Amador engaiolado pola poesía clarividente de Caetano Veloso e acompañado polo pop barroco e brillante dos Beach Fossils.

Da Rocha
En paralelo á súa formación e investigación en artes plásticas, desenvolve a súa carreira como DJ e produtor de música electrónica en Galicia, Portugal, Francia, Barcelona e actualmente Madrid, cidade onde reside e traballa.
Tanto na súa obra plástica como musical, fusiona e contrasta elementos próximos ao relixioso cunha estética e son industrial. Traballa na converxencia entre o contemplativo e o extático, o ancestral e o contemporáneo.
Colaborou e compartiu escenario con artistas como Howie Lee, Shygirl, Toxe, Sega Bodega ou Zutzut, e os seus mixes foron emitidos por radios como Ma3azef, NOODS Radio, Radio Primavera Sound, Dublab.es, ou Radio Relativa. Paralelamente, realiza composicións para pezas de danza contemporánea, traballando para compañías e artistas como Richard Mascherin, laSADCUM, Kor’sia ou Compañía Antonio Ruz.
https://soundcloud.com/da_rocha