Palmarés Curtocircuíto 2021
Novas
Os diferentes xurados da presente edición de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine tralas deliberacións oportunas decidiron outorgar os seguintes premios:
-
Premio Radar: Al motociclista no le cabe la felicidad en el traje, de Gabriel Herrera.
Púxose en valor a forma que o director ten de canalizar a realidade. A curta é como unha canción, popular e vangardista. A tenrura, a relación entre director e personaxes, o amor, a verdade, a maxia son palpables. O filme mostra ser un proceso vivo, unha experiencia xenerosa que amosa vulnerabilidade en estado puro.
-
Mención especial Radar: The Unseen River, de Pham Ngoc Lan.
Por ser unha curta na que o director xera un espazo único, cristalizado, capaz de acoller o sufrimento e a eterna búsqueda da paradoxa do amor.
-
Premio Explora: Surviving You, Always, de Morgan Quaintance.
Buceando nos movementos da memoria para sobrevivir a unha ausencia, este filme non teme aproximarse aos vestixios da emoción. Evitando a nostalxia ou o romanticismo, confía na potencia evocadora do cinema para expandir e desafiar o noso poder de comprensión. Por diluír as súas palabras e as súas imaxes nun fermosos abismo.
-
Mención especial Explora: The Canyon, de Zachary Epcar.
Pola súa capacidade de retratar a nosa época coa necesaria extrañeza, polo seu uso radical dos movementos de cámara e a montaxe, pola súa capacidade de enfrentarnos ao abismo do consumo, e ensinarnos o futuro como un sumideiro do que aínda podemos escapar.
-
Premio Galiza: Augas Abisais, de Xacio Baño.
Por lograr técnicas cinemáticas orixinais para falar do pasado mentres se excava o presente, por atopar un camino metafórico cara a narración que pode destapar e rexistrar a búsqueda dese propio camiño, e por iluminar unha experiencia persoal que lanza luz sobre o colectivo.
-
Mención especial do Premio Galiza: A Comuñón da miña prima Andrea, de Brandán Cerviño.
Cederlle a unha nena o poder de dirixir unha película e converterse na protagonista da mesma dá lugar a un relato único. Desde a inocencia e con códigos universais xurden unha voz e unha visión nova que rematar redefinindo o rito da comuñón.
-
Premio Penínsulas, patrocinado por RC Service: Future Foods, de Gerard Ortín.
As imaxes, froito dunha observación pausada e fermosa composición, transcorren en paralelo á voz dun científico, que describe de forma pragmática o estado actual da súa investigación. A brillante montaxe, en combinación cun deseño de son discreto pero eficaz, xera unha tensión sutil ao revelar paso a paso o que está a ocorrer ante os nosos ollos, deixando, ao mesmo tempo, espazo suficiente para procesar a información. Sen caer en moralismos nin demonizacións, o filme debuxa un futuro posible e nos invita á reflexión.
-
Mención especial Premio Penínsulas: La peli del algoritmo, de Claudia Negro García.
-
Premio del Público, patrocinado por GADIS: A Comuñón da miña prima Andrea, de Brandán Cerviño.
-
Premio Jurado Joven: The Parents' Room, de Diego Marcon.
Pola valentía na aproximación non convencional a unha realidade tan violenta e o contraste entre a crueza da historia e a delicadeza e acidez no seu tratamento.
-
Mención especial Jurado Joven: Forever, de Mitch McGlocklin.
Pola dupla innovación, tanto no enfoque intimista dunha distopía contemporánea como na escolla dunha técnica adecuada e sempre ao servizo da historia.
-
Premio CREA a la mejor dirección gallega: Homeless Home, de Alberto Vázquez.
Polo uso dun trasfondo social duro, porque non todos os retornos a casa son unha apoteose como na Odisea. Alberto Vázquez foi quen de construír un mundo dunha natureza gráfica e sonora única.
-
Premio AGAG ex aequo al mejor guion gallego: Homeless Home, de Alberto Vázquez, e Augas Abisais, de Xacio Baño.
Son dúas propostas moi distintas polo que non puidemos decantarnos por unha soa. Homeless Home destaca polo seu deseño de personaxes a partires dun universo escuro no que a esperanza ten cabida. Augas Abisais é un paralelismo entre mergullarse no fondo do océano e na propia historia, partindo dunhas lembranzas e correspondencia de tempos moi pasados pero aínda presentes.
-
Premio #OutraCompostela, patrocinado por Turismo de Santiago y Santiago de Compostela Film Commission: Fillxs do abafo, de Marina Calvache Barbosa, Arón Arias Dono, Pablo Fariña Aldao, Beatriz Amoza Dávila e Antón Carral López.
Por saber retratar unha xuventude en constante crise e por explorar novos camiños e ser capaces de buscar a estetización dos espazos grises urbanos, o premio #OutraCompostela é para Fillxs do abafo, de Marina Calvache Barbosa, Arón Arias Dono, Pablo Fariña Aldao, Beatriz Amoza Dávila e Antón Carral López.
Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela está organizado polo Concello de Santiago de Compostela e financiado, entre outros, pola Deputación de A Coruña e AGADIC.