The Screen x Curtocircuíto – Marketing desde a fase de desenvolvemento con Teresa Morales de Álava
Martes 5 de outubro - 10:30 h | Mércores 6 de outubro - 11:00 h
O desenvolvemento de películas é un camiño incerto no que a miúdo se lles esixe aos produtores coñecementos enciclopédicos. The Screen aposta precisamente por romper esa barreira e impulsar o talento emerxente proporcionándolles ferramentas e coñecementos para levar a cabo os seus proxectos. Unha das formas de facelo é poñendo o foco en aspectos menos visibles da fase de desenvolvemento, neste caso a mercadotecnia.
Nesta sesión cinco proxectos galegos en desenvolvemento traballarán aspectos como o posicionamento das súas longametraxes, identificación da esencia das súas historias, ángulos de venda e liñas vermellas, branding e creatividade, estratexias de mercadotecnia ou a relación coa prensa e as relacións públicas. Todo isto aplicado de maneira concreta aos seus respectivos proxectos.
Curtocircuíto acolle esta iniciativa en colaboración con The Screen, reforzando así a súa aposta como espazo vivo que facilita o encontro e o impulso profesional.
Teresa Morales de Álava
Teresa Morales de Álava fundou a axencia de mercadotecnia cultural weareMAGMA tras máis de 10 anos como directora de marketing en Telecinco Cinema. Ademais, é a directora executiva do festival internacional de cine documental de Navarra, Punto de Vista.
Proxectos
- Anoche conquisté Tebas - Gabriel Azorín + FILMIKA + DVEIN
- Así chegou a noite - Angel Santos + MIRAMEMIRA
- Cando toco un animal - Angel Filgeira + Silvia Fuentes
- Crías - Xiana do Teixeiro
- As defensas - Lucía Estévez + CÓSMICA PRODUCIÓNS