Acreditacións

Se es profesional da comunicación, podes cursar a túa acreditación de prensa para cubrir esta edición de Curtocircuíto. Existen dúas modalidades: dende Santiago de Compostela nas sedes do festival ou de en liña.

A organización confirmará nos días previos ao inicio do festival a aceptación da túa solicitude. 

Por favor, le con atención as condicións e cubre o seguinte formulario:

  • O prazo para solicitar a acreditación estará aberto ata o luns 26 de setembro de 2022.

  • Por favor, indícanos en “OBSERVACIÓNS” se queres solicitar unha acreditación física ou unha acreditación en liña.

  • O titular da acreditación física recibirá unha acreditación do festival. Tamén deberá identificarse no momento de recoller a súa acreditación.

  • A acreditación de prensa dá acceso a todas as proxeccións, espectáculos e actos do festival, previa demanda. 

Para máis información: comunicacion@curtocircuito.org