Pensaches en visitar Santiago de Compostela durante a Semana Oficial de Curtocircuíto? Neste apartado atoparás toda a información de utilidade para viaxares a Santiago, aloxáreste na cidade, xantar e aproveitar as túas horas de lecer despois das proxeccións.
Máis información dispoñible en
www.santiagoturismo.com
¿CÓMO CHEGAR A SANTIAGO?
- En avión
O Aeroporto Internacional de Santiago de Compostela (SCQ), ou Aeroporto de Lavacolla, está situado a 10 qm. do centro da capital galega. Dende el podedes baixar á cidade en autobús ou collendo un taxi, ambos dispoñibles no exterior da terminal.
- Estrada Santiago-Lugo, qm 11 - Lavacolla, s/n
+34 981 54 75 00 (Terminal de pasaxeiros) / +34 902 34 34 34 (Reservas)
Máis información
- En autobus
A estación de autobuses de Santiago de Compostela está situada cerca do barrio de Fontiñas e do casco histórico da cidade. Desde alí podedes baixar dando un paseo ou coller un bus ó centro.
- En tren
A estación de Renfe está situada en pleno centro da cidade, moi cerca do Parlamento de Galicia e da Praza Roxa. Dende alí podedes movervos camiñando, ou ben coller un bus ou un taxi.
¿ONDE DURMIR?
Curtocircuito traballa cunha serie de hoteis colaboradores, que ofrecen descontos para os convidados ao festival. Lembrade, no momento de facer a reserva, dicir que sodes invitados do festival Curtocircuito, que depende do Auditorio de Galicia, para que vos fagan o desconto pertinente.
¿ONDE COMER?
O festival conta tamén cunha rede de restaurantes asociados, que ofrecen menús especiais de comida e cea para os acreditados no festival.
- Garum

Praciña das penas, 1
+34 981 062 631
www.bar-garum.es
- O Celme do Caracol

Rúa da Raíña, 22
+34 981 57 17 46
- O Dezaseis

Rúa de San Pedro, 16
+34 981 56 48 80
www.dezaseis.com
¿ONDE TOMAR ALGO?
Non todo vai ser traballar durante o festival, por iso Curtocircuíto dispón dunha rede de bares e pubs da nosa confianza. Todos eles están situados no casco histórico da cidade, co que vos podedes achegar dando un paseo.
- Garum

Bar-restaurante oficial do festival, no que se celebrarán as "Happy Hours".
Praciña das Penas, 1
www.bar-garum.es
- Pub Ultramarinos

Club oficial do festival, no que terán lugar as festas nocturnas.
Casas Reais, 34
www.blogoteca.com/ultramarinos/index.php
- Paraíso Perdido

San Paio de Antealtares, 3 (detrás da Praza da Quintana)
- Modus Vivendi

Praza Feixoó
www.pubmodusvivendi.net
- A Reixa

Rúa Mazarelos, 9
www.areixa.com
- Camalea

Praza de San Martín Pinario, 4
- Atlántico

Fonte de San Miguel, 9
- Medusa
Praza das Ánimas, 1