| |
Asistentes
Na pasada edición, acudiron, entre outros: Mitsue Eguchi de Gauguins International (Xapón), Helen-Maria Erawan de The Short List (PBS, EE.UU), Joao Garçao, de Onda Curta (Portugal), Xabier Romero de TV3, Txema Muñoz de Kimuak (Filmoteca Vasca), Rubén García da Axencia Freak, Susana Blas, redactora do programa Metrópolis de TVE e Alfonso Pato, do programa Onda Curta da Televisión de Galicia.
Este ano, o Mercado seguirá constituíndo un lugar de encontro para os máis importantes profesionais da producción mundial de curtametraxes. Contaremos de novo coa presencia de compradores, distribuidores, programadores e curtametraxistas procedentes de Brasil, Francia, Gran Bretaña, Xapón, Portugal e Alemania entre outros. O Mercado é unha cita ineludible para estar ó día nas útilmas tendencias e coñecer as novidades do panorama internacional da curtametraxe.
A organización porá a disposición dos asistentes un exhaustivo catálogo. Unha vez rematado o Mercado, os productores recibirán un listado de profesionais que teñan visionado a(s) súa(s) película(s).
|
|