Registrate Aquí Noticias Foros Contacto
flecha
 


Integrado na quinta edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, o Mercado terá lugar do 20 ó 24 de outubro, no corazón do casco histórico da cidade. Unha cita ineludible para compradores, distribuidores, programadores e outros profesionais do mundo da curtametraxe, na que se poderán visionar todas as produccións inscritas no catálogo. As datas, entre dous dos mercados máis importantes que se celebran en Europa, como son Cinema Jove (Valencia) en xuño e Clermont-Ferrand (Francia) en xaneiro, posibilitan que os asistentes descubran as últimas novidades do sector.

Ademáis de ter á súa disposición todas as curtametraxes incluídas no catálogo, os acreditados disporán de áreas equipadas para realizar proxeccións, visionados, conferencias e presentar catálogos, así como outras destinadas a favorecer os encontros entre profesionais e a celebración de foros de discusión e o intercambio de ideas.

 



flecha O prazo de envío de curtametraxes para formar parte do catálogo ábrese o 14 de abril de 2008 e remata o 24 de xullo de 2008.  
flecha Solicitude de acreditación.  
flecha Inscrición no catálogo a través de Short Film Depot  
Curtocircuito 2008