
Un ano máis Curtocircuíto realizará un interesante programa de actividades paralelas durante a Semana Oficial do Festival, do 17 ó 24 de Outubro. Por unha banda, promovendo a formación de profesionais con obradoiros como “Creatividade pura e dura” impartido por Marga iñiguez , o obradoiro de Story board de Raúl González Monaj “O guión gráfico” e o obradoiro de Videocreación “A creación visual” por VDJ OOF durante a edición de 2007. Tamén desde un punto de vista formativo, se prestará unha atención especial ós máis pequenos, como xa sucedeu coa sesión de Contacontos “Tradición oral caboverdiana”.
Sempre, sen perder de vista outras propostas para o tempo de lecer como festas, degustacións gastronómicas, a Gala de Entrega de Premios, exposicións, música...