
Durante oito xoves de Xullo e Agosto, realizaranse proxeccións de curtametraxes nas prazas do casco histórico de Santiago de Compostela. O programa recollerá oito noites con temática diferente e os asistentes a esta actividade xunto coa audiencia da Semana Oficial serán os encargados de outorgar o Premio do Público á Mellor Curtametraxe.
Na edición de 2007, máis de 3.000 persoas puideron gozar dun percorrido polas últimas novidades do cine de curta duración que se están a realizar en todo o mundo. Este ano, 8 programas que recollen o mellor do cinema nacional e internacional pasarán polas prazas máis recoñecidas de Santiago de Compostela as noites dos xoves de xullo e agosto. O fin de festa porao un concerto especial na Praza da Quintana da man de Ollie tebba (do grupo Herbaliser), o 28 de agosto.
Pódense consultar os programas de cada xoves nos PDFs ao pé.