curtocircuito

compostela cultura

Noticias

suscrición ás novas

Se o desexas, podes recibir no teu correo electrónico todas as noticias relacionadas co VI Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto: subscríbete aquí
20/11/2009

COMPOSTELA PLATÓ 09 PECHARÁ AS ACTIVIDADES DO VI CURTOCIRCUITO

Princesa Alegría

 

· Máis de 60 guións concursaron polo premio ao Mellor Guión que concede Curtocircuito.

 

· O xurado composto por profesionais do sector fallará o gañador esta semana.

 

 

Unha vez rematado o prazo de participación o pasado 10 de outubro, os  traballos participantes no certame de guión Compostela Plató 09, agardan a resolución do concurso.

 

Esta semana terá lugar a deliberación na que se elixirá ao gañador, a resolución farase pública nunha rolda de prensa o mércores 25 ás 12h no Concello e sairá publicada posteriormente na web do festival.

 

A decisión está en mans dun xurado composto por profesionais do sector audiovisual en Galicia como María Vázquez (actriz), Chusi Riveira (TVG) , Marcos Nine (director e guionista), Luis Avilés (director e guionista), Timothy Redford (director de Curtocircuito), Mamen Quintas (produtora) e Toni Veiga (produtor e realizador).

 

O premio para o seleccionado consiste na gravación do guión da curtametraxe. Igual que aconteceu cos gañadores das edicións anteriores - Quérote mal (2005), Bechos raros (2006), Historia da arte (2007) e A princesa Alegría (2008)-, a rodaxe levarase a cabo en localizacións compostelás durante os vindeiros meses ao faio do xurado.

 

Compostela Plató é unha das actividades organizadas pola VI edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuito, unha iniciativa da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, co obxectivo de promover Compostela como un escenario perfecto para rodar todo tipo de historias.

 

A curtametraxe gañadora deste certame, organizado pola Concellaría que dirixe a Tenenta de Alcalde Socorro García Conde, poderá verse por primeira vez na cerimonia de entrega de premios que clausurará a Semana Oficial do VII Curtocircuito no vindeiro Ano Santo Xacobeo.


voltar ao listado

concello de sangiago