Hoxe xoves 26 temos a última proxección de Curtocircuito Na Rúa e para despedirnos teremos a presenza da chuvia polo que nos trasladaremos de Pratería ao Mercado de Abastos.
O programa e os horarios mantéñense:
21:00 - DJ Rober
22:30 - Proxección de "Volta ao Mundo"
...Esperámosvos a tod@s!
21:00 - DJ SET: ROBER - indie/pop/rock
O último grito de guerra de dillei Rober é “We are your friend”, i esta aseveración é bastante literal, coma poderán atestar os asiduos do Ultramarinos ou Ruta na noite compostelán.
Pero a súa cidade natal xa leva máis de dez anos sendo cómplice da súa ecléctica traxectoria, comezando polo funk-soul do Insomnia e continuando polo electropop do Forum ou o Folk da Casa das Crechas.
A súa proposta actual percorre o pop-rock indie dende a última vangarda ata os máis recentes “clásicos” do xénero.
22:30 - CURTAS: VOLTA AO MUNDO
Logo de visionar as tendencias máis frescas do panorama cinematográfico internacional, seleccionamos algunha das mellores producións do último ano.
Never Drive a Car When You´re Dead
Nunca Conduzas se Estás Morto
Gregor Dashuber
Alemaña/2009/Animación/9’55’’
O torpe heroe tropeza cun piano esquecido. A música lévao desde a súa magoada existencia cara á vida da cidade.
The awkward hero stumbles over a long forgotten piano. Music leads him from his run down existence out into the city life.
Wattwanderer
Camiñantes
Max Zähle
Alemaña/2009/Ficción/12’18’’
A familia de Thomas está desestruturada. Para reunilos a todos de novo, súa nai Anne organiza unha excursión en familia polo aniversario do seu home.
Thomas´ family has drifted apart. To bring everyone together again, his mother Anne organizes a family trip on her husband's birthday.
Le Petit Dragon
O Pequeno Dragón
Bruno Collet
Francia/2009/Animación/8’15’’
Trinta e cinco anos despois da morte de Bruce Lee, a súa alma reencárnase nun boneco.
Thirty-five years after Bruce Lee's death, his soul reincarnates in a little doll.
Jenny & the Worm
Jenny e a Miñoca
Ian Clark
Reino Unido/2009/Ficción/15’30’’
Dous adolescentes vándalos descobren algo soterrado que podería ser aínda máis exótico ca a veciña do lado.
Two teenage punks unearth a discovery which may be even more exotic than the girl next door.
A Family Portrait
Retrato de Familia
Joseph Pierce
Reino Unido/2009/Animación/4’30’’
Un retrato de familia que sae horriblemente mal cando os celos e a suspicacia agroman á superficie, todo baixo a implacable mirada do fotógrafo.
A family portrait goes horribly wrong as jealousy and suspicion bubble to the surface under the photographer’s relentless gaze.
Trolls
Brianne Nord-Stewart
Canadá/2009/Ficción/7’00”
Chega un momento na vida dos nenos en que coñecen que seus pais están levantados para algo máis que “limpar o cuarto”.
There comes a time in every kid’s life when they realize their parents are up to more than just “cleaning their room”.
Mr Foley
O Sr. Foley
Mike Ahern
Irlanda/2009/Ficción/4’20’’
Miña nai! O sr. Foley esperta no hospital e descobre efectos sonoros que o rodean sen saber por que.
Holey Moley! Mr Foley wakes up in hospital to find sound effects him and he doesn't know the score.
Babioles
Miudezas
Mathieu Auvray
Francia/2010/Animación/4’30’’
Perdido nun vertedoiro de lixo e na busca dalgunha atención humana, Coelliño intenta chegar á cidade co seu novo amigo Pequeno Indio.
Lost in a garbage dump and looking for some human attention, Little Rabbit tries to reach the city with his new mate Little Indian.
Dead Hungry
Morto de Fame
Jon Drever
Reino Unido/2009/Ficción/10’12’’
Jed leva días sen comer. É un zombi perdido na busca de algo que poida satisfacer o seu apetito.
Jed hasn’t eaten for days. He’s a lost zombie, searching for the one thing that can satisfy his hunger.